Club Deportivo Open gañou o Vº Open Internacional OHF «Octopus Hockey Festival»
Os organizadores gañaron por segunda vez o Open Internacional nunha dura pugna co RC Polo que se mantivo ata o final do torneo.
Tras os polistas, o terceiro clasificado foi o ATHC, equipo xa habitual no torneo e que seguro voltará para loitar polo trofeo de campión.
De novo, as xogadoras veteranas disputaron un torneo de dous equipos CD Open e un combinado de Vigo e Coruña.

Ademáis do deportivo, un dos feitos máis destacados e relevantes de esta edición foi a publicación de un selo conmemorativo coa colaboración da sociedade Miño. Mais detalles: sociedadmino.wordpress.com