No ano 2002, un pequeno grupo de amigos implicados na vertente máis competitiva do hóckey galego e nacional decidiron organizar un evento que permitira disfrutar do seu deporte dende unha perspectiva mais social e menos competitiva.

Naceu así o torneo denominado Open Ourense, pola súa condición de aberto a todos os que queiran participar. Se celebrou o primeiro fin de semana de setembro.

O éxito inicial foi tal, que as sucesivas edicións aumentaron en numero de participantes e complexidade organizativa polo que no ano 2004 se lle deu forma xurídica creándose o Club Deportivo Open coma entidade deportiva sen ánimo de lucro. Esta entidade, plenamente constituída e rexistrada, e dende entonces a organizadora oficial de todas as actividades.

No ano 2006 celebrouse o 5º aniversario do Open Ourense de Hockey consolidándose deste xeito o evento como referente no inicio da temporada.

Tamén no 2006, para dar cabida a un numero maior de participantes e coa intención de fomentar o deporte social, organizouse o Iº Open Internacional de Veteranos coa participación de equipos de varios países. Este torneo terá a súa continuidade no futuro e derivou na creación do primeiro equipo do club: os veteranos que xa participaron tamén no ano 2007 nun torneo en Bremen (Alemania).

O Club Deportivo Open ten como fin ultimo a promoción, difusión e apoio do deporte do hóckey. Especialmente na vertinte mais social, tratando de facer deste deporte un punto de encontro, de desenrolo dos valores deportivos e persoais e convertelo nun referente para a xuventude da nosa cidade.

Atopámonos en Ourense, en Galicia, no noroeste de España, a 100 km de Vigo na costa atlántica, no interior da rexión. Unha cidade con 108.000 habitantes situada á beira do río Miño con grande interese artístico e termal.

Contamos con comunicacións directas por autovía con Madrid (4 horas) e dous aeroportos a menos dunha hora tamén por autovía (Vigo e Santiago de Compostela).