Club Deportivo Open Veteranos visitou Oporto o pasado día 23 para xogar un amistoso nas novas instalacións do Sport no Parque de Cidade. O resultado final foi de empate a un gol nun partido moi disputado e que serviu para que algún novo socio probara a experiencia. Tras o partido, o equipo disfrutou dun xantar na Ribeira con magnificas vistas do rio Douro e dunha visita as bodegas Calem (das que por certo vestimos publicidade nun dos nosos equipamentos). Concluíu a xornada cun paseo polo centro en un café no espectacular Café Majestic. Os noso anfitrión aseguráronnos que nos convocaran a un torneo cara o verán, cando rematen as instalación.

VER FOTOS