A presentación oficial dos Torneos Open 2011 celebrouse nas instalacións de Ford Tomovil, patrocinador do trofeo, coa asistencia de Isabel Pérez concelleira de Turismo do Concello de Ourense e Rosendo Fernandez,vicepresidente da Deputación de Ourense; así como Ramón Outon xerente de Tomovil e membros da directiva de CD Open.

Os representantes das institución felicitaron a organización pola iniciativa e pola unión de esforzos entre institución e empresa privada como exemplo de organización de eventos.