O 26 de setembro recibimos a visita de ‘Los Caracoles’, veteranos do R.C. Polo de Barcelona de turismo por Galicia. Tras o pertinente partido no que CD Open Veterans gañou por 2 a 0 os catalanes, celebramos unha cea de confraternización que rematou en baile ata altas horas da madrugada. Os nosos amigos de Barcelona devolven deste xeito a visita que lles realizamos en novembro pasado, aproveitando para estreitar as relacións todavia mais.