Club Deportivo Open Veteranos acadou a segunda praza no torneo IVT celebrado en Breda (Holanda) a pasada semana. O torneo reuniu a 19 equipos de toda Europa que se disputaron os distintos trofeos divididos en dous grupos. CD Open acadou a primeira posición do seu grupo o que lle deu acceso a semifinal na que batiu por un gol a cer o segundo clasificado do grupo B acedendo deste xeito a final.

Na final, a pesares de adiantarse no marcador e chegar con vantaxe ó descanso, o tremendo esforzo de disputar 12 partidos en poucos dias pudo cos xogadores galegos que terminaron cedendo ante o empuxe do ataque dos ingleses do Canterbury HC perdendo por 2 a 1.

Extraordinaria organización dun torneo moi numeroso e moi esixente polo extenso no que CD Open acadou tamen o recoñocemento colectivo polo seu xogo e pola cordialidade que nos caracteriza. Proba delo son os numerosos equipos que pretenden inscribirse na edición 2011 do Open Internacional de Veteranos a celebrar anualmente en Ourense.

VER FOTOS