Club Deportivo Open Veteranos acadou a terceira praza no Torneo de Veteranos de Viena (Austria) a fin de semana do 16 e maio. A expedición iniciou o torneo cun empate a ceros ante o Bangor de Irlanda, vello coñecido xa que foran rivais tamen en Bremen (Alemania) no 2007. O segundo partido foi claramente para CD Open cunha victoria por 5 a 0 ante os holandeses do TGV. No terceiro, unha victoria por 2 a 0 ante o CUS Padova italiano lles otorgaba o acceso a semifinais como primeiros de grupo.

A semifinal ante os locais do HC Wien remataba con empate a ceros. No desempate a strokes se impoñian os de Viena o que lles daba o pase a final ante o Bangor relegando a CD Open a disputar o terceiro posto ante os suizos do HC Wettingen. No partido polo bronce os galegos se veian de novo obrigados a desempatar na tanda de penalties esta vez con resultado favorable o que lles daba a terceira praza do torneo. O vencedor foi o equipo local HC Wien que derrotou por 3 a 1 o Bangor irlandés.

A expedición estivo composta por 14 xogadores e 6 acompañantes nun viaxe estupendo no que o clima acompañou e as actividades sociais e turísticas foron abundantes e interesantes.

VER FOTOS