
No
ano 2002, un pequeno grupo de amigos implicados na vertente
máis competitiva do hóckey galego e nacional
decidiron organizar un evento que permitira disfrutar do seu
deporte dende unha perspectiva mais social e menos competitiva.
Naceu así o torneo denominado Open Ourense, pola súa
condición de aberto a todos os que queiran participar.
Se celebrou o primeiro fin de semana de setembro.
O éxito inicial foi tal, que as sucesivas edicións
aumentaron en numero de participantes e complexidade organizativa
polo que no ano 2004 se lle deu forma xurídica creándose
o Club Deportivo Open coma entidade deportiva sen ánimo
de lucro. Esta entidade, plenamente constituída e rexistrada,
e dende entonces a organizadora oficial de todas as actividades.
No ano 2006 celebrouse o 5º aniversario do Open Ourense
de Hockey consolidándose deste xeito o evento como
referente no inicio da temporada.
Tamén no 2006, para dar cabida a un numero maior de
participantes e coa intención de fomentar o deporte
social, organizouse o Iº Open Internacional de Veteranos
coa participación de equipos de varios países.
Este torneo terá a súa continuidade no futuro
e derivou na creación do primeiro equipo do club: os
veteranos que xa participaron tamén no ano 2007 nun
torneo en Bremen (Alemania).
O Club Deportivo Open ten como fin ultimo a promoción,
difusión e apoio do deporte do hóckey. Especialmente
na vertinte mais social, tratando de facer deste deporte un
punto de encontro, de desenrolo dos valores deportivos e persoais
e convertelo nun referente para a xuventude da nosa cidade.