X OPEN HOCKEY OURENSE 2011
(3 Setembro de 2011)

Estimados amigos:
                                   
                        Temos o  pracer de invitarvos a participar na DECIMA -¡xa van 10 anos!-  edición do Open Ourense de Hockey 2008 que se disputará en Ourense o día 3 de Setembro, nas instalacións de Mariñamansa. Este torneo se disputará en formato ‘open’ é dicir, aberto á participación de todo aquel que o desexe. O tipo de competición será un “seven” no campo de mini-hockey, seis xogadores e porteiro no ancho do campo regulamentario.

            A única norma obrigatoria e que para participar, non se pode realiza-la inscrición baixo ningún nome oficial de club algún, nin utiliza-la vestimenta oficial ou habitual. Queremos que participedes como xogadores, non como clubs.

            A competición será única, é dicir, masculino, feminino ou mixto, como se desexe. O límite por equipo é de 10 xogadores e o mínimo de 7. ¡Pode participar todo o mundo!

            Queremos reunir o meirande número de participantes nunha gran festa do hóckey que celebraremos o sábado pola noite nas mesmas instalacións e que continuaremos en locais da cidade. Haberá un xantar, bebidas, música, etc.
           
            A organización pode axudarvos a atopar aloxamentos gratis ou a bo prezo así como facilitarvos o transporte local se non vides en vehículo propio, visitas turísticas, estancias o viaxes adicionais, golf, deportes náuticos, etc.

Esperámo-la vosa asistencia, a diversión está asegurada.

¡Reúne ós teus amigos e organiza o teu equipo!

¡¡ Vémonos en Ourense !!