O pasado sábado dia 7 celebrouse en Oia (Pontevedra) o tradicional xantar de regreso do viaxe a Sevenoaks. Despois de celebrar un partido en URECA onde o CD Open batiron ós locais do Atlántico, Federico Tapias tivo o detalle de convidarnos a súa casa en Oia onde celebramos un xantar delicioso composto por entrantes, percebes a caldeiros e paella cocinada por Santi Gefaell.

Todo regado con bo viño do ribeiro, cervexa de barril, acompañado de pan e bica ourensá. Visionamos tamén as fotos e demais material da viaxe a Inglaterra para deleite dos qur non foron e vergoña dalguns que si foron. Moitas gracias os anfitrións que puxeron o listón ben alto, especialmente a Cristina pola invasión da sua casa.