Horarios da escola de hockey 2009-2010

A escola de hockey de Club Deportivo Open no Colexio Miraflores en Ourense organizouse da seguinte forma:

Luns e Mércores de 17:30 a 18:30 horas

Grupo 1: nenas e nenos de 7 a 9 anos.
Monitores: Daniel

Grupo 2: nenas e nenos de 5 a 6 anos.
Monitores: David

Máis información na secretaria do colexio ou en info@openourense.com

[15-10-2009]

Fin de Curso da Escola de Hockey do Colexio Miraflores

O xoves 28 de Maio se celebrou o fin de curso da escola de hockey do Colexio Miraflores en Ourense, integrada nas escolas deportivas xestionadas por Club Deportivo Open. Nesta escola desenrolaron a actividade 22 rapaces de entre 5 e 8 anos sendo o seu primero ano con hockey como actividade extraescolar. Os pais dos peques acompañaron os seus fillos nesta útlima xornada para comprobar a sua evolución, o remate tivo lugar unha merenda de despedida.

No vindeiro curso 2009-2020 a actividade terá carácter anual comenzando en outubro e rematando en xuño coa intención de ampliar o número de rapaces participantes e consolidar as categorias por idades co obxectivo de poder iniciar a fase competitiva federada no seguinte curso escolar


[28-05-2009]

Horarios da escola de hockey

A escola de hockey de Club Deportivo Open no Colexio Miraflores en Ourense organizouse da seguinte forma:

Martes e Xoves de 17:30 a 18:30 horas

Grupo 1: nenas e nenos de 7 a 9 anos.
Monitores: Javi e Xurxo
Num. Participantes: 10

Grupo 2: nenas e nenos de 5 a 6 anos.
Monitores: David e Borja
Num. Participantes: 15

Máis información na secretaria do colexio ou en info@openourense.com

[06-04-2009]

Xornada de promoción do hockey no Colexio Miraflores

Club Deportivo Open celebrou o mércores pola tarde unha xornada de promoción do hockey en nenos de 5 a 8 anos nas instalacións do Colexio Miraflores en Monterrey (Ourense).

Nesta xornada achegouse o hockey a 30 nenos e nenas de educación infantil e aos seus pais. A convocatoria tivo un gran éxito xa que implantarase un piloto de escola de iniciación ao hockey nos meses de Abril e Marzo con vistas á implantación definitiva deste deporte no colexio a partir do curso que ven


[05-03-2009]