Club Deportivo Open foi o vencedor da 3ª edición do Open Internacional de Veteranos 2008. Os organizadores gañaron por vez primeira o seu torneo tras finalizar imbatidos a competición. De novo foi un éxito organizativo e de participación destacando a celebración dun partido de exhibición de veteranas femenino que rematou con empate entre o combinado de Ourense e o de Vigo-Coruña. A zona infantil dotada dun mini-campo de iniciación e hinchables tivo tamen moita aceptación con máis de 30 cativos implicados nas actividades.