«Club Deportivo Open colaborará na organización deportiva da 2ª Convivencia Pobos de Aguiar que se celebrará o vindeiro mes de Agosto no municipio de Pereiro de Aguiar

A Convivencia de Pobos de Aguiar naceu no ano 2009 coa intención de unir os Pobos coa práctica deportiva. Iste ano ademáis do fútbol ampliouse a oferta deportiva co Hockey. Nos vindeiros anos tratarase de incorporar novas prácticas deportivas.

Contaremos na 2ª Convivencia de Pobos de Aguiar coa participación no torneo de fútbol sala dos equipos de Cebreiros, Loñoá, Pereiro e Cortiñas. Haberá un partido infantil e outro de veteranos de fútbol sala, tamén un partido de Hockey, xa que no Concello hai xogadores que practican iste deporte.

Todo isto non podería ser posible sen a ilusión, o esforzo eo tempo dedicado de José Manuel Iglesias que leva mais de vintecinco anos organizando eventos deportivos de iniciativa propia e cando a xuventude ou calquer veciño lle expón unha idea deportiva a leva a cabo buscando sempre a excelencia e a máxima profesionalidade para conseguir que calquera evento sexa un éxito.